Se o equipo elite-sub 23 é a referencia do Club Ciclista Vigués, a escola de ciclismo podíamos dicir que é a principal razón de ser da entidade. As actividades da Escola de Ciclismo están orientadas, fundamentalmente, a buscar nos seus alumnos:
- Unha mellor integración e igualdade social.
- Reforzo da autoestima, da solidariedade e do afán de superación.
- Unha contribución importante a súa formación integral, tratando de reportarlles os máximos beneficios psíquico – físicos.